25N DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


Este 25 de novembro o CEIP de Viñas uniu as súas forzas para dicir NON máis violencia contra as mulleres. NON máis silencios. Ningunha forma de violencia ten cabida nin na escola nin na sociedade.

Grazas á colaboración e participación das familias do centro, do persoal non docente e alumnado, púidose elaborar este vídeo. A súa principal finalidade é servir de vehículo para concienciar á sociedade da importancia de romper co sistema patriarcal, no cal cada un e cada unha de nos temos un papel fundamental.

No noso centro traballamos cada día para promover a igualdade, o respecto e a convivencia, valores que forman parte da nosa identidade educativa.

LIGAZÓN AO VÍDEO

VÍDEO 25N


Ademais, o alumnado de 6º curso elaborou e leu o manifesto para lembrar os valores de viñas, o decálogo da nosa comunidade educativa, traballando cada día pola IGUALDADE.

ACTO CO ALUMNADO


Comentarios

Publicacións populares