DÍA DE ROSALÍA 2026

Para celebrar o Día de Rosalía, o alumnado do cole investigará a vida e as obras máis emblemáticas da escritora. A través da seguinte presentación, explicada pola nosa mascota da biblioteca, os nenos e nenas van poder viaxar virtualmente á casa de Rosalía, acceder a recursos audiovisuais sobre as súas poesías... e o máis importante, o alumnado “cantará” en linguaxe de signos o poema “A miña casiña, meu lar”. Para iso contouse coa colaboración da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Ademais, o alumnado participou con esta composición, no concurso “Canta Rosalia” sendo finalistas. Case todo o cole tivo a oportunidade de asistir ao evento organizado en Pontevedra, toda unha experiencia que xamais esquecerán!

 



LIGAZÓN PRESENTACIÓN


POEMA MIÑA CASIÑA, MEU LAR

Comentarios

Publicacións populares