DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
Para a celebración de este día contamos coa colaboración de Andrea, especialista en PT, a cal leu a obra “A viaxe de Abril”. Un conto que fala sobre unha realidade tristemente presente nos nosos días, unha nena que ten que abandonar o seu fogar por mor da guerra con só un único obxecto, a súa mochila. Con esta historia o alumnado puido poñerse na pel da nena, dialogar sobre como se pode sentir para, por último, cada neno/a elaborar a súa propia mochila na cal deben introducir os recordos que eles e elas levarían si lles sucedera algo semellante. Unha dinámica que removeu conciencias, favorecendo a empatía, esperanza e o valor de un mundo cheo de paz.
Ademais, contouse coa participación do Concello de Poio. A través da proposta “Tetepaz”, o alumnado tivo que pintar unha teteira e escribir as palabras baixo a premisa “en que pensas cando escoitas a palabra paz?”. Logo, por titorías, en organización de comunidade (círculo), reuniuse o alumnado para expoñer as súas ideas, compartir propostas que simbolicen “facer a paz”.
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


Comentarios
Publicar un comentario