DIA E SEMANA DO LIBRO
Polo día e semana do libro, realizamos diferentes actividades destacando:
O día do libro agasallouse a todo o alumnado con un paquetiño
de libros (coordinación coa biblioteca) e con un marcapáxinas. Colaborouse coa
biblioteca na actividades de apadriñamento lector, cos “padriños” e “madriñas”
lectores no patio, dando prioridade ás obras escritas en lingua galega.
Ao longo da semana realizáronse actividades a nivel aula,
actualizáronse as recomendacións lectoras e as exposicións dos corredores.
Ademais, realizamos unha visita á residencia Ballesol. Os nenos
e nenas léronlle contos aos maiores, teatralizaron diferentes obras literarias
e cantaron cancións. Pasárono súper ben!

.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario